Este ano para a celebración do Día das Letras Galegas (17 de Maio) fixemos un recitado de fragmentos de poemas da autora homenaxeada este ano 2024: Luisa Villalta.
Tamén bailamos a Muiñeira de Lugo, todo o Colexio repartido en dúas rodas.
Por sorte o tempo deunos unha tregua, permitíndonos celebrar este día no exterior do centro.