viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

 O  venres 23 de febreiro celebramos no colexio o Día de Rosalía. Para iso, decidimos que cada grupo-clase ilustrase un poema da autora.


O alumnado de educación Infantil, escolleu o poema de: "Adeus ríos, adeus fontes".



O alumnado de 1º e 2º de Primaria escolleu o poema: "Nasín cando as prantas nasen".





O alumnado de 3º e 4º de Primaria escolleu o poema: " Maio longo, maio longo".




E para rematar, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, escolleu o poema ''Negra sombra''. 



O cal, tamén recitaron:

viernes, 9 de febrero de 2024

O Entroido 2024

Durante a emana do cinco ao nove de febreiro celebramos no Colexio o Entroido. Para iso, seguimos as encomendas da FADA ACARAMELADA a cal propuxo uns mandatos relacionados co proxecto deste ano: A qué sabe a saúde? Así o luns acudimos o cole cun dorsal. O martes, cun trapo da cociña o mércores coas zapatillas de deporte cambiadas e o xoves engadimos o pixama a todo o anterior. 

Para rematar o venres nove tiñamos previsto o desfile dende o Colexio ata a Praza de Samieira, máis polo temporal tivemos que suspendelo. Igualmente, acodimos ao Centro disfrazados libremente posto que os disfraces previstos gardamolos para cando se poida retomar o desfile.  


Xunto cos disfraces este día levamos para merendar postres típicos do Entroido que degustamos e compartimos entre todos. 



Despois de merendar, fomos o Ximnasio a bailar e celebrar o Entroido.

martes, 30 de enero de 2024

Conmemoración do Día da Paz 🕊️



Con motivo da celebración do Día da Paz, inauguramos no colexio un recanto moi especial. Trátase do ''Banco das apertas'', un banco que serve para establecer un punto de encontro entre o alumnado no que solucionar de xeito pacífico os diferentes conflictos que xorden no día a día. Ao mesmo tempo, este banco simboliza un lugar onde exaltar os sentimentos de amizade e unión entre os diferentes membros que integran o CEIP Espedregada. 






Na imaxe, aparece o ''Banco das apertas'' aportado polo concello de Poio e decorado cun mural realizado polo alumnado.



Na imaxe, ilustrase o acto de inauguración que tivo lugar no centro o día 30 de xaneiro de 2024 o que acudiu o Alcalde de Poio, Ángel Moldes e a Concelleira de Educación Natividad Torres. 





domingo, 29 de octubre de 2023

jueves, 21 de septiembre de 2023

Benvido Outono! 🍂



Boa tarde familias!

Hoxe despedímonos do verán e damos a benvida o outono.

Xa se aprecia o cambio de tempo, voltamos as chaquetas e os paraugas.

Na natureza comezamos a ver follas mudando de cor nas árbores e o chan con novas alfombras vexetais.

Comezamos unha época de refráns e retrincos. Algúns exemplos son:

- "Temperá é a castaña que por setembro regaña",

- "Polo San Martiño tápase o viño"

-  "Se en setembro comeza a chover, outono seguro é"

-  "Outono chegar, porco cebar"

Seguro que vós coñecedes moitos máis, animámosvos a compartilos connosco?

Podedes engadilos por aquí en comentarios.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

domingo, 16 de julio de 2023

Ola familias! 

Agardamos que estedes desfrutando do verán e das vosas merecidas vacacións.

Informarvos de que a partir de setembro poremos en marcha un novo proxecto de fomento do uso do galego, pero cunha nova ollada, máis moderna e atractiva. 

Recordade que o verán é un tempo para descansar, xogar ao aire libre, explorar e pasar tempo coas vosas familias. Aproveitade cada día para gozar das pequenas cousas, descubrir novos lugares e crear recordos inesquecibles. Tamén quero agradecer ás familias pola súa confianza e colaboración ao longo do curso. Sen o voso apoio, non sería posible crear un ambiente de aprendizaxe tan enriquecedor para vós. 

Esperamos vervos a todos de volta no próximo curso, cargados de enerxía e listos para afrontar novos retos e descubrimentos. Ata entón, coidádevos, divertídevos e gozade dun verán cheo de ledicia. 

Feliz verán para todos e todas! Con todo o noso cariño, Equipo de Dinamización Lingüística.

 

Día de Rosalía de Castro 2024

 O  venres 23 de febreiro celebramos no colexio o Día de Rosalía. Para iso, decidimos que cada grupo-clase ilustrase un poema da autora. O a...